Foro Covid 19: Experiencias, as mellores precriptoras do destino


Na xornada de tarde do Foro de Turismo Covid 19 que ven organizando a Deputación da Coruña e que versou  sobre “comunicación e promoción dos recursos turísticos despois da pandemia”, logo da introdución do vicepresidente Xosé Regueira,  interviron  Antón Pombo, xornalista e escritor especializado no Camiño de Santiago; Alberto Traversa, coeditor de La Alacena Roja; Marta Rodríguez, coordinadora de proyectos Grupo Atlante; Pablo López redactor de Tur 43 e Alejandro Regueiro, director de comunicación e marketing de Coralia. 

Regueira incidiu no obxectivo do foro que non é outro que "decidir e definir se debemos seguir igual ou cambiar o paso e plantexar novos produtos e promocións, o momento de reiventarnos para ser máis competitivos semre dentro de parámetros de calidade e seguridade".

Antón Pombo subliñou a necesidade de redefinir o Camiño con novas ideas, de implatar unha taxa turística; de incidir nos valores do camiño como espiritualidade e solidariedade e buscar ao memmo tempo rendibilidade. Afondou na controversia de entregar a Compostela aos peregrinos que fan a pe os últimos 100 quilómetros das difrents rutas xaconeas, o que deixa a provincias como Lugo ou Ourense fora dese circuito final, e masifica os tramos finais. 

Alberto Traversa, coeditor de La Alacena Roja falou de turismo emocional no que primen as peculiaridades de cada lugar, no que as persoas cobren protagonismo, un turismo máis cercano e humano. 

Neste punto, Marta Rodríguez, coordinadora de proxectos do Grupo Atlante, apuntou que “a xente esquecerá o que lle dixemos ou o que fixemos, pero nunca esquecerá o que lle fixemos sentir”, e rexeitou a promoción turística que se centre en fotos de monumentos para darle protagonismo á parte inmaterial, as pequeñas historias contadas polos propios protagonistas, os hostaleiros por exemplo. 

Alejandro Regueiro, director de comunicación e marketing de Coralia, apuntou que as experiencias vividas en cada destino son, en definitiva as mellores prescriptoras de cada un deles. Para este relator 2020 será o ano "dos galegos en Galicia; 2021 para recuperar o turismo nacional e portugués e 2022 o turismo internacional.

Finalmente, Pablo López, redactor de Tur 43, salientou que “de pouco sirven as emocións se non se comunican ben”. Segundo expuxo, os destinos deben informar para transmitir seguridade e as súas peculiaridades e utilizar máis aos medios especializados nesas comunicación, fronte aos medios xeneralistas.