Diversificar e desestacionalizar, conceptos abordados no Foro Covid 19 da Deputación da Coruña

“Hasta desta desfeita socieconómica pode e debe xurdir unha revisión a fondo de cómo refundar o negocio-actividade chamado turismo”, segundo expuxo Guillermo Campos, director-fundador da revista HGg&T no seu relatorio no foro Covid 19 que ven organizando a Deputación da Coruña,  nesta ocasión centrado na divesificación e na desestacionalización. 

Para Guillemo Campos, o turismo en Galicia representa na prática, por outros consumos indirectos, máis do dobre do 12% do PIB que se recoñece, dixo. E para afrontar o panorama que se aveciña a curto e medio prazo "o turismo posibilista é o chamado turismo de proximidade, que non é un concepto xeográficamente estático, non se debe confundir coa veciñanza comarcal”.

Expuxo como exemplo que “conseguir que unha familia de Toledo, Bilbao ou Setúbal veñan atraídos polo megalitismo ou pola arte rupestre, sí é turismo de proximidade", o mesmo logar que os surfistas que practican no Guincho veñan a Razo ou os golfistas de Saldaña se acheguan á Coruña, dixo. 

Tamén falou dos recursos de alta calidade, capacidade e sostibilidade dos que dispoñemos, do momento de recuperar unha gastronomía máis identitaria,; e da desestacionalización para o que, ao seu xuizo, unha das primeiras premisas sería ter “un calendario escolar máis flexible no inverno, as familias están supeditadas as vacacións escolares”. 

En resposta a unha pregunta sobre o turismo emocional, abordado no foro anterior, sinalou que “non creo que exista como tal, outra cousa e que un produto determinado, un destino en concreto, esperté eemocións, que sí pode ser algo importante para familiarizar e fidelizar”.

Na xornada desta mañán, ademáis do vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, que abriu a sesión e de Guillermo Campos, participaron a cociñeira Beatriz Sotelo; Miguel A. Rodríguez, da Asociación Galega de Albergues; Aser Álvarez; politólogo, xornalista e xestor cultural; Elena Ferro, artesá zoqueira e María Mesía, consultora turística en Goodlife.

Regueira abriu a sesión desixando reflexións como a de "repensar un modelo turístico desestacionalizado e rendible", no que o "relato, a estratexia e a paquetización" serán elementos fundamentais á hora de vender o destino.

Conceptos nos que abundaron os demais relatores, como Asier Álvarez que afondou na importancia de "xerar relatos potentes e saber vendelos ben"; a paquetización na que tamén insistiu Elena Ferro e en como os talleres artesás poden dinamizar e axudar a vender destinos menos coñecidos.

María Mesías insinstiu en "estratexías multidestino para captar outro tipo de clientes que non tiñan a Galicia entre as súas prioridades", e de innovar e buscar novos motivos para atraer visitantes. Beatriz Sotelo falou sobre como pode afectar a nova situación nas cociñas e Miguel A. Rodríguez disertou sobre as dificultades ás que se enfrontan os albergues turísticos para adaptarse as normas sanitarias e de distanciamento social, algo difícil en establecementos nos que prima "a vida en común e a filosofía de compartir".