
Así o avanzou o alcalde Juan Manuel Rey logo dunha xuntanza cpos voceiros do resto de grupos que forman a corporación municipal.
Dentro destas medidas avaliadas destaca a exención para a hostalaría durante este ano da taxa por ocupación de vía pública con terrazas. Así mesmo, acordouse poñer a disposición do sector a maior cantidade de espazos públicos para que os bares e restaurantes poidan ampliar as súas terrazas.
A seguridade na reapertura da hostalaría foi outro dos puntos que se tratou na reunión. O Concello traballará para garantir que os establecementos poidan cumprir todas as medias de prevención e para iso poñerá á súa disposición máscaras, hidroxeles desinfectantes e outros elementos de protección.