Boas perspectivas de ocupación en Sanxenxo para agosto


Con tanto mensaxe nagativo que, seguramente de xeito interesado, se difunde, hai tamén algunha noticia positiva que atisba que hai vida máis alá do coronaviros. O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, constata que algúns hoteis do municipio teñen "o cartel de completo" para o mes de agosto e que para a segunda quincena de xullo Tamén hai bastantes reservas"..

Telmo Martín amósase optimista por esta información que, segundo afirma, lle trasladan persoalmente os propietarios dos hoteis da localidade que traballan xa para ter todo preparado para recibir aos visitantes. "Tenemos un turismo moi leal", confía Telmo.

A previsión é ter todo listo a finais de xuño. Mentres se insiste en mandar unha mensaxe de tranquilidade que identifique a Sanxenxo como un "destino seguro", ao tempo que subliña que "o 80% da economía do municipio depende deste sector".