Adegas Terriña entrega 2000 macarillas ao Concello de Petín

Terriña Adegas e Viñedos, do grupo Méndez Rojo, ven de facer unha doación de 2.000 macarrillas ao Concello de Petín para repartir entre os seus vecinos. 

A enóloga, Lucía Carballeira, foi a encargada de entregar á alcaldesa, Raquel Carballo, as mascarillas cirúrxicas que serán repartidas polos voluntarios de Protección Civil. 

Segundo a alcaldesa, ata o de agora o concello recibira 650 mascarillas da Xunta que tamén foron repartidas por Protección Civil. 

Raquel Carballo sinala que a donación desta adega, que elabora entre outras a marca Mil Ríos, “é moi importante e necesaria para o noso concello”, polo que lles dá as grazas en nome de todos veciños a Javier Méndez e o seu fillo Juan Luis Méndez, responsables da adega con sede en Carballal.