A Xunta detalla as ferramentas do seu plan de reactivación turística ante o sector

Esta mañá a consellería de Cultura e Turismo organizou un webinar para profesionais do sector turístico na provincia da Coruña, o primeiro dunha ronda que tocará todas as provincias e despois pasará aos diferentes subsectores, co obxectivo de dar de coñecer de primeira man as ferramentas do Plan de reactivación Turística presentado pola Xunta e resolver as dúbidas dos empresarios. 

No webinar participaron como panelistas Ovidio Rodeiro, delegado da Xunta na provincia, Juan Cividanes, presidente do IGAPE e Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, que aproveitou para poñer en valor un “plan áxil e rápido” que pretende contribuir a reaxustar a marca propia de Galicia facendo fincape na seguridade, ofrecendo garantías a traballadores, visitantes e residentes e fortalecendo valores nos que Galicia xa destacaba como a tranquilidade, a non masificación e o contacto coa natureza. 

O sector non faltou á cita e plantexou un gran número de preguntas concretas relativas aos campings, axencias de viaxes, vivendas de uso turístico… Aínda que moitas delas tiveron que quedar sen resposta á espera dos protocolos defintivos do ICTE, que serán publicados en principio entre este tarde e maña pola mañá, moitas outras permitiron resolver cuestións concretas sobre as liñas de financiamento abertas pola Xunta ou as estratexias de cara á promoción e os incentivos para o turismo interno. 

Un dos detalles máis significativos que se confirmou durante o webinar foi que dende a Xunta teñen pensado reforzar as inspeccións nos establecementos para garantir que se cumpran os protocolos de seguridade sanitaria. Como adiantou Nava Castro, aínda que queren pensar que todo o mundo será responsable, entra dentro das súas obrigas asegurarse. 

Por parte do IGAPE, Luis Cividanes puxo en valor os préstamos postos en marcha para aportar liquidez e adiantou a posta en marcha dun programa denominado IGAPE Responde, un servizo de consultoría de carácter urxente para axudar a reiniciar e reorientar negocios de todo tipo.