A UNESCO inclúe á muralla de Lugo nunha campaña promocional

A Unesco ven de incluir á Muralla de Lugo nunha campaña para promocionar os monumentos Patrimonio da Humanidade durante o confinamento, segundo informan dende o goberno local lugués.

“A Muralla foi elixida nunha selección de 40 monumentos Patrimonio da Humanidade”, precisou a responsable da área de Cultura do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, que agradeceu o xesto. 

Trátase dunha iniciativa enmarcada na campaña #ShareOurHeritage para fomentar o coñecemento do Patrimonio Mundial.

A concelleira destacou o feito de que este novo impulso á promoción da Muralla de Lugo chegue no ano no que a cidade celebra o vixésimo aniversario da súa declaración como Patrimonio da Humanidade. Neste momento, “todas as achegas recibidas para a súa promoción son ben recibidas”, salientou Maite Ferreiro.