A fronteira con Portugal segue pechada ata o 15 de xuño

O control das fronteiras terrestres con España, por parte do goberno portugués, mantense dende o 17 de marzo en nove puntos de paso autorizados. O Consello de Ministros de Portugal aprobou unha resolución que manterá de momento até o 15 de xuño o peche das fronteiras con España, peche que pode ser prorrogado segundo a resolución.

Os pasos autorizados son Valença-Tui, Vila Verde da Raia-Verín, Quintanilha-San Vitero, Vilar Formoso-Fuentes de Oñoro, Termas de Monfortinho-Cilleros, Marvão-Valência de Alcântara, Caia-Badajoz, Vila Verde de Ficalho-Rosal de la Frontera e Castro Marim-Ayamonte.

“O Consello de Ministros aprobou a resolución que estende a reincorporación, de xeito excepcional e temporal, do control de persoas nas fronteiras, no contexto da pandemia da enfermidade covídica-19”, afirma o comunicado dada a coñecer logo da reunión extraordinaria do Goberno.

A resolución entrou en vigor este 14 de maio pasada a 1 da madrugada española e impide as viaxes por turismo e lecer ao país veciño. O que sí estará permitido o transporte de mercadorías e o paso de traballadores fronteirizos.

Portugal pasou a decretar o “estado de calamidade”, o equivalente ao estado de alarma español ,o pasado 3 de maio logo de tres períodos consecutivos de estado de emerxencia decretados dende o 19 de marzo.