Sotavento, artesanía conserveira desde Porto do Son


As súas conservas pódense mercar online ou en pequeñas tendas gourmet e algunhas vinotecas, agora pechadas. Estamos a falar de Conservas Sotavento (www.conservassotavento.com), que é o proxecto de dúas mozas de Poto do Son (A Coruña), Maica e Eva Lojo, que crearon este obrador –non se lle podería chamar fábrica, e ademais perdería a súa esencia- no ano 2016 coa axuda e asesoramento do Grupo de Acción Costeira da Ría de Muros e Noia. 

Tamén serven pedidos que lles realizacen por correo electrónico e mesmamente por teléfono, pensando nas persoas maiores que non están avezadas coas novas tecnoloxías. "Os envíos son gratuitos en todo o territorio español a partires dunha compra que supere os 50 euros", precisa Maica.

A idea xurdiulles porque“na nosa casa sempre se fixeron conservas embotadas para consumo propio como en boa parte das casas das vilas mariñeiras e, ademais, a nosa nai, que ao comenzó nos votou unha man no proxecto, traballou moitos anos nunha conserveira e ensinounos as técnicas e os procesos de elaboración", sinala. 

Aquí, neste obrador, todo se fai a man, ata o etiquetado. “O único de tecnoloxía que temos son potas e un pequeño autoclave, pouco máis. O resto todo o facemos a man, a limpeza do peixe ou do marico, as salsas e os diferentes líquidos de gobernó. Sempre con mimo e pacencia, xa que para nós prima a calidade, non a cantidade”. 

Nas súas elaboracións utilizan os froitos do mar que mercan nas loxa locais. “Só traballamos con productos co selo Kilómetro O, o que garante que non percorren máis de 100 quilómetros dende a orixe ata as nosas mans e sempre procedentes da pesca artesanal". 

Entre as súas conservas podemos encontrar as tradicionais sardiñas en aceite de oliva, pezas grandes, daquelas que decíamos de tres en lata, procedentes da lonxa de Portosín; a mesma sardiña pero picante, co engadido de guindilla; polbo ao allo, mexillóns en escabeche, bacalao con pasas, cocochas de bacalao, navallas ao natural e diferentes cremas (bacalao, pulpo, mexillóns, sardiña), que no aproveitamento vai a ganancia... E dende o ano pasado envasan sardiñas e xureliños afumados. 

Outra das características que distingue a esta conserveira é a utilizción de tarros de cristal para todos os seus elaborados: “O cristal permítenos amosar o produto desde o primeiro momento, sen ter que esperar a abrilo para ver o contido. Cremos que é importante a transparencia, saber que estas mercando, que aspecto ten a viandas que vas adquirir. Para nós, a artesanía está ligada ao cristal”, remata Maica Lojo.