O sector vitivinícola avalía con Medio Rural as medidas para paliar os efectos da crise sanitaria


A Xunta e o sector vitivinícola valoran o impacto da emerxencia sanitaria no sector e abordan medidas de impulso na comercialización dos seus produtos. Neste senso, os presidentes do consellos reguladores galegos e das indicacións xeográficas protexidas (IXP) das augardentes e licores tradicionais de Galicia, para valorar o incidencia desta crisis sanitaria no desenvolvemento das actividades deste sector. Na xuntanza tamén estivo o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez. 

Así, o conselleiro escoitou as principais demandas do sector vitivinícola e tomou nota das súas aportacións para facer, deste período excepcional, un lugar seguro de traballo e garantir a seguridade de todos os traballadores implicados. 

Durante a videoconferencia, o conselleiro aproveitou tamén para trasladarlles a posibilidade que teñen de adherirse á nova liña de financiamento que sacou a Xunta este mércores no Diario Oficial de Galicia e que está destinada a inxectar liquidez a pemes e autónomos, para que poidan facer fronte ás consecuencias provocadas pola situación de emerxencia sanitaria na súa actividade empresarial. 

Neste senso, José González informoulles de que, dende este xoves, as empresas e o colectivo autónomo galegos -como son as bodegas, cooperativas, industrias transformadoras, viticultores etc- poderán solicitar estes apoios para atender as necesidades máis inmediatas, como o pago de salarios, facturas, alugueiros ou impostos. 

A orde, que depende directamente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, está dotada con 30 millóns de euros e permitirá a mobilización de 250 millóns de euros en préstamos entre o tecido empresarial galego, que contribuirán a paliar os efectos do coronavirus no tecido empresarial galego. En concreto, a nova liña avalará entre 3.000 e 200.000 euros de importe por cada negocio e os beneficiarios disporán de prazos de amortización de ata catro anos con un de carencia, cun máximo dun 1,50 por cento de xuros, que serán bonificados ao cento por cento pola Xunta, facéndose cargo deles. 

Neste aspecto, o conselleiro adiantoulle aos representantes destes selos de calidade que o seu departamento vai habilitar proximamente un apartado na páxina web da Consellería do Medio Rural para que o sector nos traslade as cuestións e preocupacións en materia económica no rural, co fin de poder tamén informalos das medidas económicas ás que se poden acoller en cada un dos sectores produtivos. 

Por outra banda, tamén se lle trasladou que se está traballando na flexibilización dos requisitos esixidos para as diferentes subvencións das que se pode beneficiar o sector, buscando evitar incumprimentos ou posibles prexuízos derivados da imposibilidade de executar as acciones programadas.