O Revenidas móvese a setembro, pero queda en Vilaxoán

Neste tempo de incertezas no que nos atopamos, os organizadores do festival Revenidas quixeron darlle unha alegría aos seus seguidores, confirmando que se mantén a celebración en Vilaxoán, aínda que por primeira vez se moverá de agosto a setembro. 

Trátase dunha decisión que non está motivada polo coronavirus, senón que se viña fraguando dende hai tempo, dada a vontade da organización de moverse cara unhas datas menos saturadas de eventos. Por iso este ano, se todo vai ben, contan con celebrar o festival entre o 11 e o 13 de setembro. 

Dende a organización tamén aproveitaron para confirmar que o festival se celebrará no seu emprazamento de sempre. Unha comunicación que vén bastante a conto, porque recentemente falábase de discrepancias entre a organización e o concello de Vilagarcía relativas ao formato da sardiñada popular que o festival rescatou do olvido, e que supostamente puñan en perigo a continuidade do mesmo. 

Pero a falta de saber se hai algún cambio no formato dos concertos ou da sardiñada, polo de pronto, os organizadores xa nos deron motivos para a tranquilidade. Haberá Revenidas, e será en Vilaxoán.