O éxito da campaña “Viaxa mañá” demostra o interese polo destino Rías Baixas

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo balance esta mañá da campaña provincial “Viaxa mañá”, que conseguiu preto de 150.000 visualizacións e máis de 1,5 millóns de impresións. 

Un éxito que segundo a presidenta demostra que “hai interés pola nosa provincia. Estamos mellor posicionados que outros destinos porque vivimos nun paraíso natural. Podemos ofertar o que a xente vai desexar: natureza, espazos abertos que permitan ese distanciamento social, un turismo de saúde no que somos unha gran potencia..."

Carmela Silva insistiu na importancia de reactivar o turismo de proximidade, traballando para posicionar a provincia como un destino seguro, xa que os viaxeiros “van a precisar que a provincia de Pontevedra sexa un destino que garanta a seguridad e a saúde. Que a xente saiba que pode vir á provincia de Pontevedra”. 

Paralelamente, a presidenta tamén aproveitou para reafirmar o seu compromiso co sector cultural en xeral e cos festivais musicais en particular. Recoñeceu que “non parece fácil que este ano se permitan aglomeracións de 8.000 persoas”, pero chamou a reinventarse e garantiu o apoio da deputación para “que non se perda nin un só festival. Son un elemento diferencial e ímolo apoiar. Si no 2020 non se poden facer, que se poidan facer no 21 e para iso temos que apoialoS”.