
Por acordo das partes, a cesión deste material, que será utilizado polo Servizo de Microbioloxía do devandito complexo hospitalario, manterase polo tempo que sexa necesario e de acordo coas instrucións que vaian ditando as autoridades sanitarias en relación co coronavirus.
Esta medida adoptouse por parte dos responsables do CTC tendo en conta o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo Covid-19 e considerando as necesidades expostas polo referido servizo de microbioloxía.
Esta iniciativa súmase á colaboración tamén establecida entre a Consellería do Medio Rural e o Sergas para que o Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (Lapasaga), dependente de Medio Rural e con sede en Lugo, coopere co Hospital Universitario LucusAugusti na realización dos tests diagnósticos para detectar o coronavirus.