"O 90% do noso pemento vai para hostalería, espero que en xuño esto empece a despuntar" J.M. Ferro (Pementos Carmucha)


Falta exactamente un mes para que comece a tempada dos pementos de Herbón (Padrón). Falamos con José Manuel Ferro, cara visible de Pementos Carmucha, para saber como lles está afectando o confinamento e o que é máis importante, se podemos contar con pementos nos bares cando todo isto remate.

Esta crise cóllevos preparando a nova tempada. Ata que punto vos está afectando?

Nós empezamos fará un mes plantando semilleiros nos invernaderos. O que queremos agora é preparar as fincas para facer o transplante ao aire libre a finales de abril, principios de maio, pero temos moitas dúbidas porque non nos deixan saír. Só traballamos nas fincas a 500 metros da casa. 

Estades tendo problemas para traballar, sendo sector primario?

Somos primarios, pero como os pementos ao aire libre non comezarían a saír ata finales de xuño, principios de xullo... Déixanos a unha distancia de ata medio quilómetro. E só dúas persoas nas fincas… Cando nós plantábamos cinco ou seis persoas. Espero que cando chegue o momento de plantar ao aire libre xa non esteamos en estado de alarma. 

Pensas que a tempada se poderá desenvolver cunha relativa normalidade, aínda que haxa un pequeno retraso no seu inicio?

Eu teño as miñas esperanzas. Para a primeira saída de pementos, que adoita ser en maio, imos ter moi difícil comercializar. Porque dende a miña opinión, seguramente esteamos todo abril confinados. Os restaurantes, que son o que a nós máis nos importa para comercializar os pementos, eu creo que estarán abertos para principios de xuño. 

Imaxino que para vós sería moito peor se esta situación se producise dentro de dous meses...

Posiblemente. Nos mataba ao cen por cen. Agora levámolo ben, non nos afecta tanto. Engánchanos asando, abonando, preparando os invernadoiros… O que estamos perdendo é de vender planta nos mercados. Pero estamos traballando ao 80%. 

Vós vendendes a meirande parte do voso produto a través da hostalería. Pensas que cando remate a corentena se producirá unha revitalización rápida no sector?

O 90% do noso pemento vai para hostalería. Vai algo para mercados, prazas… A maioría vai para restaurante, pero son positivo. Teño a esperanza de que en xuño esto empece a despuntar. Doume conta de que igual pecharán negocios. Pero a xente non vai quedar na casa, teremos ganas de saír, aínda que sexa a pasear. 

E neste momento, estades vendendo algo a través da vosa web?

Nós neste momento só temos á venta confitura, porque o pementón está esgotado. Tiñamos pensado sacar unha tandada en Semana Santa do queixo de Casa Zolle con pementón verde dos nosos pementos de Padrón, para aproveitar o turismo...