Non hai crise que pare este sector se traballamos unidos


Non hai crise que pare este sector se traballamos unidos. E é por vós, pola hostalería e o turismo, -levámolo no nome e na alma dende máis de 25 anos- que imos continuar informando e axudando a promocionarvos tanto desde a nosa páxina online como na revista.

Que hai que saír un mes máis tarde?! O mundo segue e seguro que teredes unha chea de propostas que dar a coñecer aos nosos lectores, así que, agora máis que nunca, non deixedes de remitirnos notas de prensa coas vosas novidades ou inquietudes.
ACTUALIZAMOS DIARIAMENTE o noso noticiario en www.hggtonline.com, e Twitter @RevistaHGT.


E TRABALLAMOS NOS CONTIDOS DA PRÓXIMA EDICIÓN DA REVISTA IMPRESA, PREVISTA COMO É HABITUAL PARA O BIMESTRE MAIO-XUÑO.


Neste próximo número de primavera mantemos obviamente un dos nosos contidos clásicos, a incentivadora Macro-cata Transfronteiriza de Brancos do Nordés Ibérico e Fronte Atlántica Peninsular, así como as nosas seccións habituais como a Mesa de Redacción, A Entrevista, Directo® por Guillermo Campos, hggtonline e Navegando que é xerundio, e por suposto, OS CONTIDOS TURÍSTICOS ENOGASTRONÓMICOS QUE QUEIRADES DIFUNDIR, porque, e repítmonos, estamos aquí por e para vós.

Unha fortísima aperta, que virtualmente si se pode !!


#HGg&Tquédasencasaperotraballandocontigo