
A Consellería mercou este produto a través da nova canle de comercialización Mercaproximidade, co fin de apoiar o sector primario galego nesta situación de emerxencia sanitaria debido ao Covid-19. Deste xeito, o Goberno galego non só lle dá saída aos excedentes dos pequenos agricultores e gandeiros da nosa comunidade, senón que tamén contribúe a minimizar a perda de ingresos que poidan ter estes produtores debido ao peche das súas canles habituais de comercialización.
A Xunta mercou nas últimas datas alimentos tales como carne, queixos, mel e mesmo patacas que foron tamén cedidas a entidades e comedores sociais con este mesmo fin. Esta actuación excepcional vén contemplada na orde impulsada pola Consellería, e publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 14 de abril, onde se especifica que a Xunta poderá mercar produtos de primeira necesidade a aqueles produtores que están tendo problemas para dar saída aos seus produtos, provocado fundamentalmente polo peche da hostalaría, da restauración e dos mercados tradicionais de proximidade.