Medidas de seguridade específicas para os concellos turísticos


Durante un encontro mantido a través de videoconferencia o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez destacou a cooperación á hora de avanzar nalgunhas das accións impulsadas polo Goberno galego no eido cultural e turístico. Entre elas destaca a elaboración dun plan de seguridade sanitaria para o turismo da Comunidade, que permitirá recuperar a confianza dun sector fundamental na economía de moitos concellos galegos. 

No marco desta folla de ruta, o titular de Cultura e Turismo subliñou a aposta por medidas específicas nos municipios turísticos da Comunidade e nos concellos polos que transcorre o Camiño de Santiago co obxectivo de favorecer a reactivación desta actividade e da Ruta Xacobea. 

Incidiu en que facer dos concellos galegos un destino seguro para os visitantes permitirá xerar certezas entre traballadores e usuarios e permitirá dinamizar a actividade económica dos concellos.

Asistiro ao encontro a directora de Administración local, Marta Fernández Tapias; a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, o director da Agadic, Jacobo Sutil, e presidente da Fegamp, Alberto Varela