
Ademais, a Consellería do Medio Rural ven de anunciar que está a mercar produtos agroalimentarios para diversas entidades e comedores sociais sen ánimo de lucro nestes tempos de emerxencia sanitaria a través da canle Mercaproximidade, co fin de axudar tamén aos pequenos agricultores e gandeiros galegos a darlle saída aos seus excedentes e frear así a perda de ingresos debido ao peche das súas canles habituais de comercialización.
Desta forma, procedeu a mercar patacas, carne, queixos e mel para repartir esta semana entre o albergue Padre Rubinos, sito na Coruña; a Cociña Económica de Santiago; San Froilán Cáritas, en Lugo; o comedor social de Cáritas de Ourense; o comedor de San Francisco, en Pontevedra; e o comedor social Vida Digna, localizado en Vigo.