
Postos en contacto co alcalde de Sober, Luis Fernández, indicou en relación á posibilidade de celebrala noutras datas máis adiente que “fixar unha data aogra mesmo é perder o tempo. A miña intención, se a situación o permite, é facela coincidir coa Festa da Rosca que se celebra en agosto. O que está claro é que, sexa presencial ou telemáticamente, algo imos facer”.
Declarada Festa de Interese Turístico Galego en 1999, na súa cuadraxésima edición ía ter como pregoieira a Benedicta Sánchez, mellor actriz revelación nos Premios Goya polo seu papel na película “Lo que arde”.
A feira en si é unha especie de túnel do viño en ambiente festivo, pois no recinto que se instala para a ocasión na Praza do Concello ademais dos postos das adegas non falta a música, a animación e postos de produtos gastronómicos da zona e de artesanía, que ten na olería de Gundivós unha das súas máximas expresións.
Amandi, con 38 adegas, é unha das 5 subzonas da D.O. Ribeira Sacra, expoñente da denominada viticultura heroica na ribeira norte do río Sil, en territorio lugués, onde se producen viños que teñen na Mencía e no Godello as variedades principais.