Lanzan un kit para facer pan de Mondoñedo dende a casa

Dende que comezou o confinamento, moitos galegos e españoles ten probado a facer o seu propio pan, un experimento que a veces sae ben e outras... Para facilitar o proceso e permitir que podamos conseguir un bo resultado a panadería mindoniense Rubal acaba de lanzar un kit con todo o necesario para elaborar un pan ao estilo de Mondoñedo. 

O kit custa 24 euros, contando cos gastos de envío, e inclúe 3kg de fariña de forza procedente de Aragón, 1 kg de fariña de forza de trigo do país (con procedencia garantizada de Mondoñedo, Valadouro ou Lourenzá), 1 kg de masa nai da Panadería Rubal, 1,5 litros de auga de manantial galego, 80 g de sal e unha guía que nos explica o proceso de elaboración. 

Dende a panadería garanten que todos os ingredientes foron seleccionados por eles mesmos, coa fariña do país moída no seu propio muíño e cunha masa nai de cultivo propio e único que se vén conservando dende 1965.

Todos os interesados poden adquirir o kit a través da plataforma online www.themondonedovalley.com, que o concello puxo a disposición dos produtores lcoales para dar comercializar os seus produtos.