Incertidume en Poio polo San Xoán e a Festa do Mar

O Concello de Poio (Pontevedra) acomete o futuro inmediato das súas grandes festas con incertidume como a mairía dos concellos galegos. Falamos co seu alcalde, Nito Sobral, sobre o futuro inmediato para as súas grandes festas como o San Xoán ou a Festa do Mar, en xuño e agosto (mediados) respectivamente. 

Ao respeito matizou a Hggtonline que “aínda non nos sentamos a falar diso, pero a festa de San Xoán vexo difícil que se poida celebrar tal e como van as cousas; de calquera xeito agardaremos ata os primeiros días de maio a ver como evoluciona a pandemia”. 

Pensando a máis longo prazo, a Festa do Mar celébrase en Comabarro avanzado o mes de agosto, pero, segundo estima o rexidor municipal “non deixa de ser complicado xa que é unha festa que reúne a moita xente e non creo que de repente se poida abrir tanto a man. Este ano celebrar grandes eventos vai ser complicado”. 

En canto ás medidas para axudar ao sector hostaleiro sinala que "estamos a estudar a ver qué podemos facer, que medidas podemos adoptar dende as nosas posibilidades para axudar aos sectores máis afectados como vai ser a hostalería”.

Sobral ten claro que “algunha actividade teremos que programar para o verán, sexan lúdicas ou culturais que se poidan facer na rúa. Teremos que buscar fórmulas alternativas ás grandes festas pero con cautela porque calquera cousa que programemos hoxe pode cambiar mañán”. 

E non esquezamos a Festa da Ameixa que se celebra a medidos de setembro en Campelo, cuxa  rula ostenta o liderado en canto a facturación en bivalvos das rías galegas se refire. Toneladas de ameixa babosa, fina, rubia e bicuda extraídas da ría de Pontevedra pasan pola súa pequena lonxa.

A da Ameixa de Campelo, que exalta a ameixa babosa, unha das especies máis saborosas das catro variantes que se recollen nas costas de Galicia. é a festa gastronómica máis antiga que se celebra no Concello de Poio.