Impulso ao consumo de queixos e meles galegos


A Consellería de Medio Rural prosigue coa rolda de contactos cos organismos reguladores dos diferentes vectores de produción agroalimentaria. Nesta ocasión on conselleiro José González mantivo unha videoconferencia cos presidentes dos consellos reguladores das catro denominacións de orixe protexida (DOP) de queixos (Arzúa-Ulloa, O Cebreiro, San Simón da Costa e Tetilla), así como coa presidenta da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia. 

Na xuntanza participaron os máximos representantes dos queixos Arzúa-Ulloa, Xosé Luis Carreira; O Cebreiro, Enrique Fernández; San Simón da Costa, Daniel Pérez e Tetilla, Javier Sampayo, así como a presidenta do consello regulador da IXP do mel, Esther Ordóñez. 

O obxectivo do encontro foi abordar as diferentes medidas impulsadas pola Xunta para fomentar o consumo e a venda destes produtos durante a emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus e paliar así as dificultades que afrontan tralo peche da hostalaría e dos mercados municipais. 

Co fin de dar saída a estes produtos do agro, a Xunta vén de pechar un acordo de colaboración coas grandes cadeas de distribución que traballan en Galicia, mediante o cal as empresas comprométense a comprar estes produtos durante o estado de alarma, apoiando así o sector primario galego. 

Para reforzar esta iniciativa, a Consellería do Medio Rural porá en marcha de inmediato unha campaña de comunicación e sensibilización dirixida ao consumidor final. A través dela, buscarase conciencialo da importancia de consumir produtos galegos de proximidade, para apoiar estes sectores.