Gondomar súmase á plataforma Dbarrio


Paco Ferreira, alcade de Godomar
O Concello de Gondomar axudará a todos aqueles negocios locais que desexen vender online e ofrecer servizo a domicilio Dbarrio, creada hai uns meses en Vigo. A axuda munipal consiste no pago da primeira cota anual de ao redor de 100 euros para subscribirse á citada plataforma. 

Trátase dunha medida pensada para saír da crise, pola que os establecementos comerciais e hostaleiros poderán ofertar ata 100 produtos e entregalos a domicilio de forma totalmente gratuíta para os clientes. A ferramenta comezará a funcionar este venres, día 1 de maio, con negocios de restauración e o goberno municipal anima a que se somen todo tipo de locais.