Fisterra retransmite en redes a alegría da resurreción

O domingo de Pascua vívese con intensidade en moitos rincóns de Galicia, pero se hai un lugar no que se centran especialmente na alegría da resurreción é Fisterra. 

Ese día o entorno de Santa María das Areas transfórmase coa chegada de milleiros de visitantes, que contemplan a María Magdalena e María de Santiago recibir a boa nova por parte do anxo, nunha representación teatral que dá paso a momentos de xúbilo con campás repicando, fogos de artificio, a tradicional danza dos paos e un impresionante Aleluia cantado por centos de voces que pon os pelos de punta a todos os presentes.

Aínda que este ano non poidamos vivir en directo eses momentos de alegría, sempre nos quedarán as redes. Dende o facebook das confrarías da Semana Santa seguen colgando vídeos doutros anos, ademais dun directo co tradicional repique das campás. 

Poden ver o material colgado polas confrarías a través do seu facebook, velaquí queda un pequeno anticipo.