“Faremos a Feira do Ribeiro virtual, dábanos coraxe que non houbera celebración” Yolanda Gómez (C. Ribadavia)


Esta fin de semana tocaríamos a todos achegarnos a Ribadavia para gozar dos viños do Ribeiro na LVII edición da súa feira. Non puido ser, pero dende o concello non quixeron deixar pasar as datas previstas sen máis e decidiron organizar unha edición virtual da Feria do Ribeiro, da que falamos coa concelleira de Cultura, termalismo e enoturismo, Yolanda Gómez. 

Como xurdiu a idea de celebrar a feira do Ribeiro de forma virtual? 

Como é unha festa con gran tradición dábanos moita coraxe que non houbera ningún tipo de celebración. E como hoxe en día non se nos ocurre outra forma, faremos a Feira do Ribeiro de forma virtual para que participe o público e darlle difusión aos viños do Ribeiro. 

Qué actividades tedes programadas? 

Queremos facer un conxunto de actividades ao longo dos 3 días. Puxémonos en contacto con institucións para que nos envíen algún vídeo a poidamos facer unha inauguración oficial. E despois puxémonos en contacto con adegueiros, cociñeiros, sumilleres… Para que nos envíen vídeos e poidamos facer nas redes sociales máis ou menos as mesmas actividades que tiñamos plantexadas. 

Tamén lle pedides á xente que se anime cun brinde virtual, non? 

Trátase dun pequeno concurso no que invitamos á xente a facer un brinde cun viño do Ribeiro. Subiremos todas as fotos e daranse tres premios para os que consigan máis “me gusta”, serán experiencias para desfrutar na próxima edición da feira. Con todo esto tamén lle damos á xente un momento de ocio cando ve as fotos, escoita algunha actuación musical que nos manden... 

Finalmente, a edición física deste ano queda oficialmente suspendida? 

Foi un tema que estudamos bastante, danos moita coraxe que non se celebre porque ademáis de promocionar os nosos viños é unha inxección económica importante para a comarca. Pero en verán parece complicado e en setembro comeza a época das vendimias e os adegueiros están ocupados… Non o temos confirmado ao 100%, pero no creemos que este ano se poida facer. 

Entón a do ano que vén será a LVII? Ou contamos a virtual? 

Pois agora que mo comentas, é algo que non falamos. Pero de primeiras penso que non debería contar, ten que ser a presencial que é a de verdade a que conte. 

De cara aos grandes eventos do verán en Ribadavia, sabedes que vai pasar coa Mostra Internacional de Teatro e coa Festa da Istoria? 

Xa estivemos falando sobre todo da MIT que é a que organiza directamente o concello, estamos esperando ao 15 de maio que haberá unha reunión da rede de festivais de España. Está complicado, aínda que co calendario da desescalada si se permite algún espectáculo dese tipo gardando a distancia de seguridade. Penso que vai ser un pouco inviable, aínda que seguimos con todo o interés de poder facer algo, porque é unha pena. Igual a mostra si se pode aprazar para outras datas… En todo caso hai que agardar para tomar unha decisión seria e responsable. Coa festa da Istoria ao ser a finales de Agosto igual hai máis sorte, pero ao ser unha festa tan multitudinaria…