"Estamos dispostos a botar unha man no que faga falta" Miguel González (Cociña Ourense)


Dende a asociación Cociña Ourense, integrada por 13 chefs de toda a provincia, vén de poñerse a disposición da deputación e dos concellos para colaborar en hospitais, centros sociais... Donde sexa preciso. Un xesto solidario en tempos de crise do que falamos co presidente da asociación, Miguel González, aproveitando para coñecer as súas impresión de cara á reactivación da hostelería.

Acabades de poñervos a disposición das administracións para colaborar, cal é a vosa idea?

O que se trata é de cubrir necesidades, en coordinación coa deputación e co concello para que sexa algo organizado. Nós estamos dispostos a botar unha man no que faga falta, tanto en pelar patatas como organizar menús, suplir vacancias de empregados…

Entendo que estades estudando cal sería a mellor forma de axudar. Podes adiantar algunha idea concreta?

Unha primeira opción é que os domingos fagamos un menú especial, de suplencia de traballadores para darlles descanso. Veremos coa concelleira de asuntos sociais donde encaixaría e padiante. E todos os concellos da provincia, que sepan que aquí estamos.

É de recoñecer o esforzo nun momento que imaxino estará sendo bastante difícil para vós..

Si, estamos todos bastante nerviosos co que pode pasar. Pero temos que tirar da solidariedade, pensar que hoxe podemos axudar nós e seguramente cando abramos esa xente nos axude a nós.

Pensas que a xente volverá con forza cando se permita a apertura da hostalería?

Eu penso que a xente se vai a medir máis, por que non sabes como vai a responder o virus. A xente pensará que hai que ter un pouco de cautela. Creo que vai a ser moi paseniña a cousa, que non vai ser un boom. Ademais penso que estará moi controlado, non creo que unha tapería ou unha cafetería poda estar según abra chea ata a bandeira. Pero non sei como imos facer porque un camareiro que teña que servir a medio metro dun cliente está rompendo a barreira de seguridade. A nós como establecemento nos limitan o volumen de entrada, pero despois…

Ademais, igual a moitos locales se limitan o aforo tampouco lles compensa abrir...

Efectivamente, ao mellor unha cafetería que teña capacidade para 200 persoas se só pode aceptar a 20 ou 30, para esa capacidade non lle interesa abrir, non lle é rentable.

Crees que pecharán moitos negocios?

Eu quero pensar que non. Persoalmente agarrareime a todo o que poda para non pechar. Non se trata de que caian establecementos, hai que intentar que tras esta pandemia cada un poda seguir vivindo do que aposta. O que está claro é que a pesar destes contratempos, a hostalería vai a estar preparada tanto emocional como sanitariamente para seguir ofrecendo aos nosos comensais e turistas que se acheguen a Ourense unha total seguridade e confianza, e que estamos seguros de que no perderán as ganas de volver a viaxar ou a sentarse a unha mesa porque a nosa aposta pola salubridade e pola seguridade è máxima.

Este mércores imos ter unha reunión as asociación de cociñeiros con Nava Castro, directora de Turismo de Galicia para poñernos un pouco ao día. Estaremos Coruña Cociña, Grupo Nove, nós, Amigos da Cociña Galega e os cociñeiros da mariña lucense. A idea é poñernos un pouco ao día de como están indo as cousas e como podemos afrontala.