Embutidos Lalinenses vende online os seus produtos e doutras empresas da comarca


Embutidos Lalinense é unha empresa familiar que nace en 1949 en Lalín, que segue elaborando os derivados do porco de forma tradicional, embutidos que se caracterizan polo atado manual e o afumado superficial con leña de carballo. 

Ten granxas propias, matadoiro, salas de despezamento, salgadura e afumado, o que lles permite ofrecer aos seus clientes produtos frescos, elaborados, salgados e curados, entre outros. 

Esta empresa, certificade con tres normas ISO de carácter internacional, axuntando tradición e modernidade desenvolveu innovadores produtos como os fiambres de lacón con grelos e chourizo e as conservas de cocido e lacón con grelos que foron recoñecidas con diversos premios; ademais do pastel salgado de lacón con grelos, produtos baixos en sal, etc 

Dispón de tendas físicas en Lalín, unha na fábrica en Agruchave, e outra no centro da capital do Deza e ademais dispoñen de tenda online (www.embutidoslalinense.com) na que venden o seu produto e o doutros produtores da comarca.

"Sempre o tivemos claro, pero agora máis ca nunca, é importante apostar polos pequenos produtores, polo pequeno comercio, polo próximo, así que seguimos creando sinerxias con outras empresas da comarca, como O Muíño de Cuiña coa súa reputada fariña que se pode mercar na nosa tenda online, na que tamén temos á venda Queixo Hoxe, Qieixo e requeixo Pazo Anzuxao Rosquillas de Aurita,  Mel Antoxo do CarrioLicores Pousa, Grelos O Larpeiro, Viño Castrobrey...".

E lanzan unha mensaxe pensando en presente e no futuro: "como consumidores, nós, somos parte importante da reconstrución, non Amazon, nin o made in China".