Día tamén se incorpora a Mercaproximidade

Coa incorporación de DIA xa son dez as empresas que decidiron colaborar con Mercaproximidade, a canle alternativa de comercialización para o agro galego creada pola Xunta para paliar así o peche da hostalaría e dos mercados locais.Actualmente tamén integran esta iniciativaGadis, Froiz, Vegalsa-Eroski -cos seus establecementos Eroski e Familia-, Carrefour, El Corte Inglés, Grupo Cuevas -a través da súa rede de supermercados Plenus-, Lidl, Alcampo e Coviran. Polo de agora Mercadona segue mising.

En todo caso, a posibilidade de sumarse a esta canle segue aberta e a Consellería do Medio Rural –promotora da iniciativa– continúa mantendo contactos para que se incorporen a ela outras empresas, como as que subministran a colectividades ou as plataformas de venda online. 

Ao se adheriren á rede Mercaproximidade, estas empresas asumen o compromiso de dar saída durante o estado da alarma aos produtos agroalimentarios que actualmente non poden adquirirse nos mercados tradicionais nin consumirse nos restaurantes ou establecementos de hostalaría. Os produtos distribuiranse debidamente identificados, para que o consumidor estea perfectamente informado da súa orixe e da súa calidade diferenciada.