Cuevas tamén impulsará a compra de produtos galegos


O Grupo Cuevas incorpórase ao acordo acadado pola Consellería do Medio Rural con diferentes cadeas de distribución que operan en Galicia para impulsar a compra e fomentar o consumo de produtos agroalimentarios galegos.

Intégranse así xunto con outras, como Vegalsa-Eroski, Gadisa, Froiz,Carrefour eEl Corte Inglés, coas que a Xunta acadou o compromiso de traballar xuntos para facilitar a saída ao mercado das producións galegas de calidade nun momento de dificultade provocado tras o peche da hostalaría e dos mercados municipais por mor da emerxencia sanitaria.

Este  iniciativa ten como principal obxectivo o de propiciar novas vías de comercialización aos produtores agroalimentariosda comunidade que están tendo dificultades para chegar ao mercado ao quedaren pechadas as súas canles de venda habituais durante a crise do coronavirus.

En particular, os máis afectados son os produtores/as de froitas e hortalizas, os pequenos elaboradores/as artesanais de queixos e outros produtos lácteos, os produtores/as de mel e produtos apícolas, o sector vitivinícola, os gandeiros/as de vacún, porcino, avícola,ovino e cabrún, así como os de razas autóctonas, fundamentalmente de porco celta.