Cerdedo Cotobade suspende a Feira de Cuspedriños e o San Xoán

O Concello de Cerdedo-Cotobade decidiu suspender a Feira de Cuspedriños e o San Xoan de Cerdedo. Ao respeito o alcalde Jorge Cubela sinala “que máis quixeramos nós que poder volver a organizar estas magníficas festas, tradicionais, do noso concello en xuño, pero a responsabilidade manda e o razonable é suspendelas ata o vindeiro ano”. 

“Sería irresponsable congregar a 3.000 persoas en Cuspedriños ao longo da xornada e a 1.000 nunha xuntanza en Cerdedo coa posibilidade de sufrir contaxios polo COVID-19. Somos conscientes que recibiremos críticas pola incomprensión dalgunhas persoas, pero a seguridade e a saúde dos nosos veciños están por enriba”. 

Deste xeito a Xunta de Governo local tomou a decisión de cancelar todos os eventos municipais dos próximos meses de maio e xuño. 

A Feira de Cuspedriños estaba fixada para o primeiro domingo do mes de xuño, na que debía ser a súa 14ª edición e na que se pretendía volver reunir preto de 3.000 persoas neste lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos. 

Pola súa banda o San Xóan de Cerdedo adoita reunir durante a noite do 23 de xuño máis dun milleiro de persoas na contorna da praia fluvial onde se organiza unha gran cgurrascada. 

"Pase o que pase co Estado de Alarma e coa evolución da crise, está claro que non se van a poder celebrar grandes reunións e eventos multitudinarios, así que, por responsabilidade e seguridade sanitaria, xa nos adiantamos e decidimos a súa suspensión, que é unha mágoa pero é o mellor para todos", incide, Jorge Cubela. 

Ademais o goberno local convidou ás asociacións e entidades que teñen programados actos nos dous próximos meses a que sigan o exemplo e procedan á súa cancelación xa que "aínda que mellorase a situación non cremos que se poidan celebrar nin co Real Decreto actual nin coas restricións", abunda o rexedor municipal.