
Nel participaron pola cadea Vegalsa –Eroski, Jorge Eiroa; por Gadisa, Santiago Codesido; por Froiz, Manuel Aris; por Carrefour, Francisco Couso e por El Corte Inglés, Pati Blanco.
Segundo explicou o conselleiro, o obxectivo éf acilitar novas vías de comercialización aos produtores agroalimentariosda comunidade que están tendo dificultades para chegar ao mercado ao quedaren pechadas as súas canles de venda habituais durante a crise do coronavirus. En concreto, os máis afectados son os produtores/as de froitas e hortalizas, os pequenos elaboradores/as artesanais de queixos e outros produtos lácteos, os produtores/as de mel e produtos apícolas, o sector vitivinícola, os gandeiros/as de vacún, porcino, avícola,ovino e cabrún, así como os de razas autóctonas, fundamentalmente de porco celta.
Para dar saída a estas producións agroalimentarias galegas, a Consellería do Medio Rural buscou a colaboración das grandes cadeas de distribución que operan en Galicia, coas que pechou os detalles do acordo que estará vixente mentres dure a emerxencia sanitaria.
Así, segundo explicou o conselleiro, estas empresas comprométense a adquirir estes produtos agroalimentariosdurante o estado da alarma para apoiar o sector primario da comunidade. A maiores, a Consellería lanzará unha campaña de comunicación e sensibilizacióndirixida ao consumidor final, para conciencialo de que coa súa compra pode axudaraos agricultores e gandeiros galegos para garantir o futuro do noso rural.
Así, estas iniciativas impulsadas pola Xunta teñen como finalidade última frear a perda de ingresos das persoas agricultoras e gandeiras galegas para apoiar o futuro das súas explotacións e garantir así a supervivencia do motor principal da dinamización do rural, ao tempo que se poñen no mercado produtos agroalimentarios da máxima calidade.Antes de poñer sobre a mesa esta iniciativa, a Consellería do Medio Rural xa a ensaiou e xalevou a cabo con éxito xestións para dar saída no mercado á pataca da Limia que antes da crise sanitaria se vendía para restauración.
Así as cousas, a vindeira semana publicarase no Diario Oficial de Galicia a orde que porá en marcha esta canle alternativa de comercialización na que constarán, por unha banda, osprodutores beneficiarios, e por outra, asempresasque colaborarán comprando os seus produtos. Ademais, lanzaraseunha campaña de promoción e sensibilización que terá como finalidadefomentar o consumo das producións agroalimentarias galegas e na que quedarán patentes as cadeas de distribución adheridas.
A maiores, de forma excepcional ante a crise do coronavirus que estamos a vivir, a Consellería do Medio Rural contempla tamén a posibilidade de comprar parte dos produtos perecedoiros con alto risco de deteriorarse para cedérllelos a comedores sociais, hospitais, residencias de maiores ou institucións semellantes.