Benigno Pereira (Queixos Bama): "este mes de marzo incrementamos as vendas un 17%"

“Nós estamos funcionando a pleno rendimento”, subraya Benigno Pereira, gerente que Queixos Bama, e especifica que “neste mes de marzo con respeito ao ano anterior aumentamos as vendas un 17%, e máis dun 12% no que vai de ano”.

Isto é así porque traballa exclusivamente no canal Alimentación “e mentras as grandes superficies estean abertas o queixo vaise vendendo, pois é un produto moi socorrido que hai que ter na casa, e máis agora cos nenos sin escola e comendo nos fogares”.

Onde sí percibiron un pequeno descenso nas vendas foi na outra queixería do grupo, Agro Despensa, que comercializa o queixo Arquesán “porque con esta marca sí que traballamos algo no canal Horeca e en marzo as vendas cairon un 7,4 por cento”.

Benigno Pereira augrura que tanto no caso de Bama como Arquesán “a tendencia en abril vai ser máis ou menos a mesma que a rexistrada en marzo pois non hai caída de pedidos”. Bama produce uns 180.000 quilos de queixo ao mes e comercializa baxo o amparo da DOP Arúa Ulloa e Queixo Tetilla, ademais de quixo fresco.

Onde sí percibiron un cambio foi “nas medidas de hixiene e prevención, medidas que nunha queixería como vos podedes imaxinar son extremas, pero agora máis, sobre todo no cambio de turnos para evitar aglomeracións nos vestiarios, á hora de tomar o café…”.

Por outra banda, sinala que “a tenda que temos de venda ao público pechámola ao comezo do Estado de Alarma e estamos a traballar a porta pechada, pero ao ser sector estratéxico somos uns privilexiados de poder traballar e facelo, no nos caso, a pleno rendimento”.