"As vendas de carne están moi atascadas", José Luis Vaz de Verín Biocoop

Foto: El Correo Gallego
Verín Biocoop SCG é unha cooperativa gandeira galega fundada no ano 1998 en Verín. Xerenciada por José Luis Vaz, produce, transfroma e comercializa carne ecolóxica de vacún de razas autóctonas ancestrais galegas como a cachena, vianesa, caldelana, limiá e frieiresa entre outras, ademais de cordeiro e cabrito, aínda que en menor medida. 

“Esta crise a nós astá a afectarnos moito, cabritos e cordeiros non se vende ningún, de feito onte (polo lunes 6 de abril) saliu unha orde da Xunta consistente nunha axuda de 30 euros por animal que se sacrifique para paliar a caída de prezos”, precisa Vaz. 

En canto ao vacún”estamos tamén moi atascados, a restauración supón para nós preto dun 40% das vendas e está parada, tamén vendíamos a comedores escolares que están pechados e en total falamos dun 50% de merma da nosa actividade comercializadora”, engade. 

Por outra banda, matiza que “no canal alimentación non estamos nos grandes lineais, que optan por outro tipo de carnes máis baratas que veñen de fóra, carnicerías Madrid, Barcelona e outras latitudes nacionais que traballaban cos nosos productos levan preto dun mes sin facer pedidos; é así, que imos facerlle” 

Recoñece José Luis Vaz que a venda online se incrementou “un chisquiño, pero esa auga non move muíño; imos tendo algún pedido de particulares, algunha tenda ecolóxica, e pouco máis”. 

Verín Biocoop é un referente a nivel nacional na produción, transformación e comercialización de carnes ecolóxicas de razas autóctonas galegas. “Tentamos evitar no posible a intermediación e chegar directamente ao consumidor”, remata José Luis Vaz