A Xunta mantén o peche de mercados locais agroalimentarios


A Xunta mantén o peche dos mercados locais para a venda de produtos agroalimentarios tras as indicacións recibidas por parte do Goberno central. En resposta á consulta remitida polo executivo galego, a Delegación do Goberno na comunidade explica que a venda de alimentación queda restrinxida aos establecementos comerciais, sempre que se tomen as debidas precaucións para evitar o contaxio do coronavirus. 

Na súa exposición, a Delegación do Goberno cita o artigo 10 do Real Decreto polo que se declarouo estado de alarma, que establece medidas de contención no ámbito da actividade comercial, entre outras. Nese artigo -engade-cítase expresamente a suspensión da apertura ao público dos locais e establecementos minoristas, agás os relacionadoscoa alimentación, as bebidase os produtos ebens de primeira necesidade. 

Así, o executivo central indica que a actividade comercial minorista de alimentación queda restrinxida a establecementos comerciais, sempre que non supoñan un risco de contaxio polas condicións nas que se estean desenvolvendo. Deste xeito, apunta que non estaría permitida a celebración dos mercados tradicionais ao aire libre que -destaca a Delegación do Goberno- implican ademais unha congregación dun alto número de persoas, co conseguinte risco de contaxio masivo.