A Deputación de Pontevedra súmase a campaña online #21Days21Destinations


A Deputación de Pontevedra envórcase neste mes de abril cunha chea de iniciativas culturais e turísticas on line, para compartir e gozar da arte, da literatura e do coñecemento da provincia. Así, ao través da web institucional www.depo.gal e a de Turismo Rías Baixas, www.turismoriasbaixas.gal, convídase a maiores, nenas e nenos a que desde casa aproveiten este tempo de confinamento para coñecer un pouco mellor as marabillas que pódense atopar no destino “Rías Baixas”. 

En canto ás iniciativas relacionadas coa promoción turística, a institución provincial ten en marcha, na web de Turismo Rías Baixas, unha campaña online baixo a etiqueta #21Days21Destinations desde a que está a difundir e compartir con gran éxito as marabillas da provincia de Pontevedra, seguindo a etiqueta da campaña mundial que naceu a través dunha blogueira keniata. 

Amais, seguindo as pautas da Organización Mundial do Turismo, a Deputación ultima un vídeo promocional arredor da idea de "quedarse en casa para viaxar mañá", para poñer en valor os recursos culturais e paisaxísticos da provincia e recoñecer o compromiso e sacrificio das e dos profesionais do sector turístico. 

Por último, ideouse na web un divertido xogo de preguntas, tanto en galego como en castelán, co que pretendese que a veciñanza e as e os viaxeiros poidan ampliar ou comprobar o seus coñecementos sobre as Rías Baixas. Ata 30 preguntas conforman o divertido desafío “As Rías Baixas en casa”, unha proposta lúdica para facer máis levadío o confinamento á vez que promocionase o destino. O xogo divídese en tres probas de dez cuestións cada unha, ilustradas todas elas con imaxes.

En canto á cultura, a institución provincial, consciente do papel estratéxico que os libros e a creación artística en xeral están xogando durante o confinamento, pon en marcha todo un paquete de propostas para compartir e impulsar a lectura nos fogares da provincia durante as próximas semanas.