A Deputación de Lugo ofrece cambios de datas nos catamaráns da Ribeira Sacra

Esta fin de semana estaba previsto que comezase a tempada de viaxes en catamarán polos ríos Miño e Sil, un servicio que como é lóxico quedou suspendido ata novo aviso debido á crise sanitaria. 

Pero dende a Deputación de Lugo xa se están poñendo en contacto con todas as persoas que efectuaron reservas para darlles a opción e manter a reserva á espera de fixar unha nova data ou de reintegrarlles a cantidade aboada.

A Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, informa de que “se están mandando correos electrónicos ás persoas que se rexistraron a través do portal web para comunicarlles a suspensión e darlles a liberdade de escoller entre as dúas opcións que lles ofrecemos: a devolución do importe ou o cambio de data”. 

García Porto agradece as persoas que fixeron reserva nas rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra “a súa confianza” e espera “que pronto nos poidan acompañar e desfrutar da provincia de Lugo e das súas múltiples ofertas de lecer”.