Xosé Regueira estudia axudas para o sector hostaleiro da Coruña


Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña, e responsable da áera de Turismo da institución provincial, ademais de concelleiro en Carballo, máis alá da reclamación constante e xustificada de medios que ben facendo no seu ámeto de actuación na loita contra o coronavirus, pensa no futuro a curto plazo para o eido turístico coruñés. 

Ao respeito sinala que “seguimos tramitando as subvencións e axudas en materia turística xa previstas para os concellos, e a maiores estamos esbozando axudas específicas para o sector turístico que é un dos máis afectados por esta crise, medidas paliativas para os autónomos a hostelería e hotelería en xeral e así evitar ou minimizar na medida do posible que as consecuencias en Galicia sexan tráxicas ás portas dun Xacobeo. A contía vai depender en parte da dispoñibilidade de remanentes". 

Entende que unha das claves para o sector vai ser a incentivación do turismo de interior porque “a curto prazo a xente vai ser reacia a moverse do seu ámeto territorial de seguridade, e iso temos que aproveitalo, que hai moito que ver e polo que quedarse e consumir aquí”. 

Outro pilar básico entende Xosé Regueira que está no fomento de consumo de productos locais e de proximidade, no rural en definitiva. “Non debemos entender o rural sólo como un espazo de refuxio e de lecer, que tamén; senón como un espazo produtivo, pois en Galicia temos unha capacidade de produción moi alta, e se fósemos quen de recuperar os parámetros que tiñamos 15 anos atrás estaríamos a falar doutra cousa ben diferente”. 

Trátase, en definitiva, de incentivar aos máis novos para que emprendan no rural, “que poidan ter unha calidade de vida e unhas expectativas de futuro con certo confort e que, dunha vez por todas, deixe de ser o parrulo feo para o modus vivendi actual”.