Podiúm en feminino do VII Campionato de Sumillería Suso Domínguez



O VII Campionato de Sumillería Suso Domínguez, que como cada ano convoca o CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) desenvolveuse baixo o título "Sumillería en Feminino", con obxectivo de visivilizar o aporte das mulleres á este campo, nun concurso no que participaron oito centros con representación da comunidade galega, e de distintas localidades nacionais e internacionais como Castilla y León, Portugal, Malta y Finlandia.

No podium feminino dos centros de Hostelería, o primeiro posto acadouno Fátima Coello, del CIFP Paseo Das Pontes, a segunda posición correspondeu a Rocío Jiménez, alumna del IES de Foz, e o terceiro posto a Ana Rita Cordoso de la EHT Douro-Lamego

Participaron na entrega de premios, entre outros, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Educación, Carmen Pomar, que salientou que estes campionatos " son un exemplo de boas prácticas docentes e do aproveitamento de sinerxías e dunha moi necesaria e frutífera colaboración, entre centros e distintas administracións, a favor del obxectivo común do acercamento da formación á realidade sociolaboral".
                                             
Na súa intervención, a titular do departamento educativo da Xunta de Galicia destacou que o CIFP Carlos Oroza “é un centro modelo, dos primeiros en apostar pola FP dual e do que cada ano saen uns 400 alumnos das diferentes especialidades”. “Este –engadiu– é un centro comprometido coa innovación, a través da que se leva a cabo a necesaria transferencia de coñecemento entre centros e empresa, e viceversa”. Neste sentido, quixo agradecer “o labor do equipo directivo e, por suposto, a implicación e o esforzo continuo do profesorado que, con iniciativas como a que hoxe nos ocupa, configuran un centro vivo e dinámico”. "A formación que centros como o CIFP Carlos Oroza proporcionan á mocidade é garantía de futuro e desenvolvemento”.

No certame, dedicado a un profesor do CIFP xa falecido, participaron varios centros de Galicia, en concreto o CIFP Manuel Antonio (Vigo), o CIFP Compostela (Santiago de Compostela), o CIFP Paseo das Pontes (A Coruña), o propio CIFP Carlos Oroza (Pontevedra), o IES Vilamarín (Vilamarín), o IES de Foz (Foz), o IES Fragas do Eume (Pontedeume), e a Fundación Belarmino Fernández (Sober). Competiron tamén no concurso alumnas e alumnos de centros de Portugal (Escola de Hotelería e Turismo de Viana do Castelo, EHT Douro-Lamego, EHT Coimbra e EHT Porto), de Castela e León (CIFP Felipe VI, de Segovia, e IES Diego de Praves, de Valladolid), unha escola de Malta e outra de Finlandia.