Os produtos de calidade diferenciada, clave para o desenvolvemento rural

Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (Adercou), a Universidade de Vigo, a Agrupación Apícola de Galicia e o consello regulador da IXP Mel de Galicia asinaron un convenio que ten por obxectivo traballar na valorización do mel e as súas potencialidades.

Ao acto, celebrado celebrado na Facultade de Ciencias da Educación de Ourense, asistiu tamén o director xeral da Asociación Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois que aproveitou a ocasión para facer un chamamento á unión de forzas no rural para promocionar e potenciar os seus produtos de calidade diferenciada.

A iniciativa enmárcase “no enfoque Leader”, que persegue que sexan os propios cidadáns os que leven a cabo o desenvolvemento rural dos seus territorios mediante entidades como osGDRs,que son“fonte de promoción e dinamización socioeconómica”, salientou o director xeral.

Pérez Dubois sinalou que “o sector agroalimentario, e especialmente aquel baseado nos produtos galegos de calidade”, é un elemento dinamizador clave que “crea novas posibilidades de emprego” e, engadiu que os esforzos deben centrarse na“consolidación do tecido empresarial implantado arredor dos produtos agrarios”, apostando pola súa variedade e calidade.





O mel de Galicia é “un dos manxares máis apreciados”, grazas ao traballo levado a cabo polos apicultores da comunidade que, ademais de caracterizarse polo“coidado exquisito das súas colmeas”, non renuncian“á innovación necesaria para competir e poder vivir” da súa actividade o responsable da Agader.