Os artesáns de Meiga lanzan nova cervexa

Dende cervexas Meiga acaban de poñer á venta a súa nova creación, unha session saison refrescante e afroitada que como eles mesmo recoñecen "sabe mellor na cervexería, pero é unha opción interesante para levar mellor a corentena". 

Trátase dunha cervexa dourada de 5º, que presenta unha turbidez moi fina, cun sabor afroitado e refrescante. Cun corpo lixeiro, ao servila presenta unha escuma branca e cremosa,.

Notas a froita madura e uva propias do tipo de fermentación e lévedo empregado. Leva un DRYHOP de lúpulo Citra que aporta un agradábel sabor a cítricos e representa unha opción perfecta para combinar con entremeses.

Dende cervexas meiga xa ten actualizado a páxina web e a tenda virtual, uníndoa ao xa seu amplio catálogo no que non faltan clásicos como a Alborada, medalla de ouro na última cata de cervexa artesá que celebramos en HGg&T.