O novo Parador da Costa da Morte xa ten 6.000 reservas para este ano

O novo Parador da Costa da Morte, que ten previsto abrir o día 5 de abril, xa conta co 6.000 reservas para este ano 2020, segundo confirmou o presidente de Paradores, Óscar López Águeda, tras unha entrevista que mantivo co presidente da Deputación da Coruña, Valentín García Formoso.

Pola dúa banda o o presidente provincial coruñés salientou que "o Parador será un revulsivo para o turismo e a economía da Costa da Morte", xa que ademais dos 45 postos de traballo directo que xerará "contribuirá a mostrar ao mundo os múltiples encantos desta terra".

O presidente provincial lembrou que a Deputación "achegou tamén o seu grao de area" para a posta en funcionamento do Parador coa ampliación, recentemente rematada, da estrada provincial DP 5201 de Muxía a Touriñán pola costa, que dá acceso á infraestrutura e que supuxo un importante investimento de máis de 700.000 euros.