O CRAEGA garante a atención aos seus operadores durante o estado de alarma

Ante a excepcional situación de alarma na que nos atopamos, a oficina do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) en Monforte de Lemos segue en funcionamento. O obxectivo é atender as necesidades dos seus operadores, ao ser produtores de bens de primeira necesidade. 

En calquera caso, e para minimizar as posibilidades de contaxio, recoméndase evitar as visitas presenciais e solventar as dúbidas por vía telemática (craega@craega.es) ou teléfonica (982405300). 

Paralelamente, dende a entidade rcomendan solventar dúbidas a través do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, piar fundamental  da cadea de abastecemento alimentario que ofrece información no enlace https://bit.ly/2UpwgPg

Pola súa banda, a Consellería do Medio Rural tamén elaborou unha lista de preguntas frecuentes para aclarar cuestións relacionadas con novos prazos de axudas, protocolos específicos nas granxas, etc. Para consultar a información, picar aquí: https://bit.ly/2xV9Yxm. Así mesmo, publicou unha serie de recomendacións para que o agro galego saiba como proceder durante a emerxencia sanitaria: https://bit.ly/3a8IDps