"Non cabe duda de que pecharán restaurantes" Javier Outomuro (A Taberna)

Javier Outomuro rexenta o restaurante A Taberna en Ourense, preside a Unión de Hosteleiros Ourensana (UHO) e a asociación Amigos da Cociña Galega. Dende esa triple perspectiva, cóntanos como pensa que afectará o confinamento á hostalería. 

Antes de nada, como che está afectando a situación no teu negocio?

Nós ao final fixemos un ERTE porque esto se vai prolongar máis do previsto. Ía ser o primeiro ano que abriramos en Semana Santa, visto que estes últimos anos había afluencia de turismo...

Que o peche coincida coa Semana Santa é un golpe adicional, entendo que en Ourense tiraba bastante da hostalería... 

Todo axuda. A Semana Santa non che vai solucionar o ano, pero igual che da un empuxón, unha alegría, unha forza para seguir traballando. 

Haberá restaurantes que non volvan abrir as súas portas cando pase o confinamento?

Non cabe duda de que pecharán restaurantes. A xente que o estaba pasando mal, que estaba traballando para pagar facturas e pouco máis. Esto levará a peches. O día que se pecharon as portas o propietario dun restaurante na miña mesma calle xa me dixo que non volvía abrir. 

Afectará máis aos grandes ou aos pequenos?

A todos lles supón un golpe interesante. Os grandes, depende por qué sexan grandes. Aínda que un día teñan máis afluencia de público porque teñen un salón grande, ao final tamén traballan moitas persoas con extras. Pode verse máis afectado un restaurante con 6-7 empregados… 

Eres dos que pensa que a hostalería se reactivará con forza cando pase o confinamento?

Non. Posiblemente a hostalería sexa dos últimos en abrir. E eu estou por apostar que a xente unha vez que pase esto seguirá co medo no corpo, non imos a ir a un restaurante a xuntarnos 100 persoas. Levará un tempo. E ademáis lóxicamente a economía de todo o mundo vai quedar tocada, como para permitirse esas cousas. Somos un luxo, un vicio a maiores, un gasto que se pode reducir. 

Xa non falamos do turismo... 

Será un pouco o mesmo. O turismo irá vindo pouco a pouco. Pero o día a día noso vai ser incluso peor que o turismo. 

No tocante a Amigos da Cociña Galega, non sei se vos condiciona a vosa axenda. 

A ese nivel non. De momento había pouca axenda prevista. Só nos condiciouou unha reunión que debería haber e non a haberá ata nova orde.