Nace o primeiro festival galego a domicilio


Ante a adversidade, inxenio. Os músicos e artistas afrontaron con esta epidemia unha oleada de cancelacións, mentres os aficionados se facían a idea dunha tempada sen música en directo. 

Pero finalmente non foi de todo certo, en toda España estanse a promover directos coordinados de artistas a través de instagram, creando auténticos "festivais" virtuais que se poden gozar dende o salón da nosa casa. 

Neste iniciativa, Galicia non queda atrás e xa ten comezado a organizarse o festival "Son da casa", previsto inicialmente para o venres 20 e o sábado 21 de marzo. Os organizadores declaran que aínda están buscando grupos, pero os seguidores da conta disparáronse rápidamente ante a promesa de levar "o campo da festa ao teu instagram", con "cubatas a prezo de custe e baño sen colas, que máis se pode pedir?". 

Estaremos atentos aos seus progresos, pero de seguro consiguen crear un bo cartel con música en galego para pasara a corentena.