"Confío na inquietude dos cidadáns para recuperar o tempo perdido" Guillermo Martínez (Os Areeiros)


Comezamos unha serie de entrevistas coas que pretendemos coñecer polo miúdo como está afectando a corentena ás pequenas e grandes empresas do sector turístico e alimentario galego. Facémolo con Guillermo Martínez, propietario da adega Os Areeiros (IXP Ribeiras do Morrazo) que ten completamente paralizada a saída de botellas, pero aínda así consegue manterse optimista de cara a este ano.

Ata que punto vos está lastrando a corentena?

Dunha forma total, a nivel de ventas cero, tanto local como provincial e nacional. Fas catro cousas puntuales na bodega que tiñas pendentes, pero nada máis.

Entendo que dependías sobre todo da hostalería...

Eu o tema supermecados non o traballo, a maioría é hostalería. Teño distribución en Madrid un pouco máis potente, catro cousas en Andalucía… Ahora tiña previstas un par de entrevistas con distribuidores en Madrid e iso ata novo aviso… E con respecto aos movementos locales, con bares e restaurantes pechados non hai nada que facer.

Aínda que se queremos unha botella, sempre podemos tirar da venta online, non?

Teño sistema de venta online, aínda que é complicado, non sae demasiado. Pero se alguén quere aproveitar pode comprar unhas botellas en http://osareeiros.com/bodega/, dende logo.

Crees que este ano conseguirás darlle saída á túa produción?

É unha incógnita. Estes meses de marzo-abril é cando empezas a ver como che vai ir o ano. Tendo todo bloqueado… Vamos a ser optimistas e confiar en que este ano, se non se paraliza o Xacobeo, que haxa demanda. A verdade é que as cousas deberían tirar. Ademais ao estar tan confinados, a xente terá unha ansia un tanto diferente.

Confías na reactivación da hostalería unha vez remate o confinamento. 

Efectivamente, eu confío un pouco nesa inquietude dos cidadáns para recuperar o tempo perdido.

E o ideal sería que os consumidores aproveitasen para tirar máis do produto local... 

Evidentemente, debería haber unha sensibilidade cara o produto local, sobre todo por parte da restauración, que lle deran un plus. Debería ser así, aínda que a conciencia do restaurador moitas veces non acompaña.