Galicia promociona os sus roteiros ornitolóxicos no exterior

Esta fin de semana Galicia particiopou na Feira Internacional de Ornitoloxía, FIO, que se celebrou no Parque Nacional de Monfragüe (Extremadura), que está considerado como o máis importante do seu xénero no sur de Europa e unha cita obrigada para todos os especialistas e afeccionados á ornitoloxía en España.

A nosa comunidade participou cun expositor no que os visitantes e profesionais puideron coñecer a oferta natural e especialmente os produtos vinculados aos recursos ornitolóxicos galegos que inclúe máis de 100 roteiros polas catro provincias.

No expositor de Galicia amósanse os diferentes recursos naturais e especialmente as posibilidades da Comunidade para coñecer espazos de alto interese ornitolóxico identificados en Galicia e distribuídos por toda a súa xeografía, con ata doce áreas que destacan pola súa maior potencialidade: Zonas húmidas da Terra Chá, Rías de Ribadeo e Foz, Ría de Ortigueira e Cariño e Estaca de Bares, A Costa da Morte, O Grove e o PN Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, A Guarda e o esteiro do Miño, Os Ancares e Montes de Cervantes, Oímbra, Monterrei e Verín, A Limia, Canón do Sil, Serra de Enciña da Lastra e Parque Natural Baixa Limia–Serra do Xurés.

Ao abeiro da experiencia Galicia Birding propóñense 148 roteiros e identifícanse 600 puntos destacados desde o punto de vista ornitolóxico