Breogán, grupo hotelero con vocación arousana


O Grupo empresarial Breogán, liderado polas familias grovenses Devesa Mascato e López Fraga, con establecementos turísticos en ambas marxes da Ría de Arousa –Apartamentos Campaña en O Grove e os hoteis Jopi e MS en Boiro- impulsa un plan que sobrepasa localismos e plantexa a promoción conxunta do territorio implicando directamente as mancomunidades de municipios de O Salnés e Arousa-Norte, tal e como sinalan Jaime Devesa e Francisco López (Cheski), que son as cabezas visibles do grupo e mentores da proposta. 

A iniciativa foi presentada en Boiro nun acto ao que acudiron representantes dos catro concellos da comarca do Barbanza, integrados na Mancomunidade de Municipios Arousa-Norte (Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Riveira), ao tempo que se mantiveron contactos no mesmo senso coa cúpula da Mancomunidade de O Salnés, cuxa presidencia ocupa actualmente a alcaldesa de Meis, nova na praza. 

A idea vai más allá, posto que se pretende que este proxecto transversal e interprovincial implique a outras administracións como as deputacións de Pontevedra e A Coruña, a propia Xunta de Galicia, aos concellos de ambas ribeiras e ao empresariado local. 

“Dende a nosa modesta experiencia, queremos aportar un gran de area nesa liña, abríndonos a toda aportación que contribúa a poñer en valor de forma conxunta o potencial turístico das dúas comarcas dun modo transversal”, sinalou Jaime Devesa durante a presentación en Boiro. 

E aínda que é prematuro desvelar propostas, unha delas pasa por crear un Museo da Conserva en O Barbanza, pois esta zona concentra na actualidade o maior número de conserveiras de Galicia (Lou, Cerqueira e Frinsa, en Riveira; Escurís, Escurís Batalla, Ría de Arousa (Ortiz) e Ramón Franco, en A Pobra; Jealsa en Boiro e Conservera de Rianxo nesta localidade). 

Outra das propostas sobre a mesa, segundo puido saber HGg&T, é retomar a liña marítima que unía localidades de ambas marxes da Ría, idea que segundo constatamos contaría co beneplácito das partes implicadas.