Bodegas Gallegas e Aguas de Sousa, patrocinadoras do Xacobeo 2021


Veñen de asinar hoxe un acordo de patrocinio polo que a empresa ourensá Bodegas Galegas e Aguas de Sousa súmase á celebración do Xacobeo 2021 a través dunha colaboración de 320.000 euros que contribuirán a súa promoción e divulgación. 

O conselleiro de Cultura e Turismo agradeceu a xerente da compañía, Myriam Vázquez, ás compañías o compromiso adquirido con Galicia, no que será o Ano Santo máis participativo e descentralizado. Nesa liña, destacou que esta achega permitirá “seguir avanzando no noso obxectivo de converter a nosa cultura e o noso turismo nunha referencia internacional”, xa que tanto Bodegas Gallegas como Aguas de Sousa exportan os seus produtos a países de todos os recunchos do mundo. 

Coa incorporación destas firmas ao Xacobeo 2021 xa son 10 as compañías que patrocinan este acontecemento, declarado de excepcional interese público e sometido, polo tanto, ao programa de beneficios fiscais aprobado polo Goberno central na lexislatura de 2018. Entre todas as achegas, os acordos para o Ano Santo superan xa os 14 millóns de euros. 

A xerente de Bodegas Gallegas e Augas de Sousas, Myriam Vázquez, fixo fincapé no impulso económico que supón para a nosa comunidade autónoma e a proxección a nivel nacional e internacional do Camiño de Santiago, colaborando coa visibilización e o crecemento da industria galega. Ademais, resaltou a importancia de que un grupo como Bodegas Gallegas, presente cos seus produtos en tres das máis importantes denominacións de orixe de Galicia (Ribeira Sacra, Ribeiro e Rías Baixas) e cun nivel de exportación dos seus viños superior ao 50%, fose partícipe das actividades dinamizadoras propostas pola comisión do Xacobeo 2021. 

No acto de sinatura, celebrado na sede central da empresa en Ourense, o representante da Xunta, destacou a relevancia que terá no 2021 esta provincia, pola que pasan a Vía da Prata e o Camiño de Inverno, xa que –lembrou– ademais de ser Ano Santo, confíase en acadar a declaración de Patrimonio da Humanidade da Unesco para a Ribeira Sacra.