Bo momento para unha viaxe virtual pola provincia de Lugo

Neste momento no que nos atopamos non nos queda outra que quedar na casa, pero sempre se poden atopar alternativas para paliar o noso mono viaxeiro. Como preparar futuras escapadas para tempos máis propicios ou lanzarnos nunha viaxe virtual pola provincia de Lugo aproveitando a aplicación para dispositivos móbiles que lanzaron recentemente dende a Deputación provincial. 

Os contidos están dispoñibles para Android e iOS, ademais de ser accesibles dende a páxina https://inventrip.com/deputaciondelugo/. En calquera destas plataformas poderemos descubrir 
información sobre uns 2.500 puntos de interese, incluidos elementos del patrimonio cultural e natural,
rutas, artesanos, bodegas, empresas de turismo activo, restaurantes o establecimientos turísticos.

A aplicación permítenos deseñar a nosa propia ruta en función dos nosos intereses, deixando preparada a viaxe para cando as circunstancias sexan máis oportunas, ou simplemente descubrir dende a casa todo o que ten que ofrecer a provincia

Aínda que por sorte ou por desgracia, a excelente gastronomía da provincia aínda non é accesible vía app, así que máis tarde ou máis cedo non nos quedará outra que movernos ata Lugo.