As Neves presenta en Monçao a Festa do Requixo e a Mel

O Concello das Neves levou a presentación da vixésimo novena edición da Feira do Requeixo e o Mel alem Minho. Celebrarase os días 11 e 12 de abril e o lugar escollido para dito acto foi A Escola Profesional do Alto Miño Interior (EPRAMI) de Monção.

A presentación contou coa presenza do alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez; o vereador de Acción Social, Cultura e Turismo de Monção, João Oliveira; a concelleira de Cultura das Neves, Rocío Barreiro e o presidente da Cooperativa do Requeixo das Neves, Alejandro Martínez.

O alcalde nevense subliñou a importancia de “dar valor ao noso produto e ás persoas que se involucran con él”, e fixo fincapé na presentación desta festa ao outro lado da raia xa que “somos un espacio internacional que sabe e debe aprender a convivir e a potenciar todas as cousas que temos en común”, salientou.

Xosé Manuel Rodríguez rematou sinalando que para o Concello das Neves, esta Festa é “un día grande” non só pola potenciación da mel e o requeixo como produtos de calidade, senón como labor “para colocarnos no foco de visión da xente que nos rodea” e, nesa liña, explicaba que as actividades que se desenvolven, “non só teñen a finalidade festiva, senón que teñen moito que ver co valor que lle damos ao produto e o valor que lle damos a todas e cada unha das persoas que se involucran na potenciación do mesmo”.

Pola súa banda, João Oliveira, asegurou que “quen vai As Neves á Feira do Requeixo e do Mel acaba sendo cliente dos seus produtos”, anunciou que Monção e As Neves traballan nun proxecto conxunto que vai a estreitar máis a relación entre os dous pobos e concluiu asegurando que “cando un camiña so vai máis rápido, pero quen camiña acompañado chega máis lonxe”.